sábado, 24 de septiembre de 2011

Galiza: Declaración do Comité de Loita Popular "Manolo Bello".



Sobre a chamada reforma da Constitución.

Con motivo da reforma da Constitución española por medio dun pacto entre os dous principais partidos burgueses, PP e PSOE, baixo o ditado dos imperialistas alemans e franceses, no que se segura por lei o pago das dévedas do Estado. Se ten manifestado desde as forzas da "esquerda" do sistema, IU a nível estatal e BNG a nível galego, un rexeitamento frontal a dita medida, que calificase, na sua linguaxe, de instaurar, o neo-liberalismo na mesma carta magna e afirmase a necesidade dun referendo para a decisión polo electorado nesta cuestión.

Desde o CLP "Manolo Bello" queremos amosar o noso total rexeitamento a todo- los intentos de lexitimación dunha Constitución que reinstauro a monarquía borbónica, da man do feixismo. Que nega e impede o direito de Autodeterminación dos Pobos e que en se mesma lexitima a ditadura da burguesía na sua forma de monarquía parlamentaria.

 A confusión nesta cuestión é evidente entre as forzas progresistas, pero ninguén e moito menos os revisionistas de Esquerda Unida ou o BNG ignoran que están a xogar un papel lexitimador deste sistema de opresión e explotación.

A posición clara dos comunistas revolucionarios é calificar de noxenta pantomima todas as medidas da burguesía no seu afán de descarregar sobre os traballadores o peso a crise económica, dun sistema colapsado pola avaricia e a rapacidade dos seus organismos FMI, BM, BCE… e outros, verdadeiros dirixintes do imperialismo mundial.

Facemos unha chamada pública á noso pobo traballador e ao resto das masas nas nacionalidades do Estado a rexeitar aos "lexitimadores do sistema" reformistas e revisionistas e a loitar consecuentemente pola via da Revolución Socialista facendo parte da Revolución Proletaria Mundial. Novo sistema, que co novo poder do proletariado, dará fin á explotación e a opresión.

No sendero vermello da Revolución Socialista!

Galiza, setembro do 2011

 COMITÉ DE LOITA POPULAR "MANOLO BELLO"

No hay comentarios: