jueves, 6 de diciembre de 2012

Texto da intervención galega na Conferencia Internacional de Apoio a Guerra Popular na India. Hamburg.





Compañeiros, compañeiras e camaradas:
Un caloroso saúdo vermello dende Galiza.
Para os compañeiros e compañeiras que formamos parte desta delegación, é un orgullo poder dirixirnos aos asistentes e afirmar, que dende este pequeno país sen estado, dende o Finisterrae de Europa, hai mulleres e homes que miran con alegría as vitorias das masas que hoxe na india levan adiante a guerra popular revolucionaria. Que aprenden da súa loita e de cómo realizan a aplicación do mlm as condicións concretas da revolución. Hai homes e mulleres que apoian firmemente o irmán pobo indio e traballan por aplicar tamén as condiciones concretas de Galicia o camiño da revolución.
Saudamos o Partido Comunista da India (maoísta) o heroico destacamento que encabeza esta gloriosa loita, que non poderá ser esmagada por máis que os reaccionarios cometan todo tipo de crimes contra o pobo.
Un emocionado lal salam en memoria do camarada Azad, do camarada Kishenyi, que ao igual que miles de fillos e fillas do pobo, hoxe son as chamas da liberación do pobo, da guerra popular que avanza a pesar das accións represivas e criminais como a operación Green Hunt.
Que as mans manchadas de sangue dos asasinos reaccionarios serán cortadas polas masas, non nos cabe dubida, por moi fortes que parezan, ou se crean estes criminais, son simples tigres de papel, fronte a guerra popular das masas que é todopoderosa e invencíbel.
Os reaccionarios pensan que matando ou corrompendo aos dirixentes do pobo, os revisionistas, poden gañar a guerra. Só conseguirán prolongar a agonía dun modo de produción depredador e explotador, a sua propia agonía, pois detrás de cada combatente revolucionario caído haberá sempre un fillo ou unha filla do pobo que empuñe as súas armas. Isto nos di a historia, por moito que se empeñen en reescribila u ocultala os imperialistas.
Esta firme convicción, de que son as masas e só as masas as que fan a historia, é o que nos converte en comunistas, en maoístas, en revolucionarios dispostos a dar as nosas vidas por un futuro luminoso.
Este ano celebramos o 95 aniversario da Gran Revolución Socialista de Outubro, cando Lenin e os bolcheviques tomaron o poder e continuaron o sendeiro sinalado pola Comuna de París, abrindo a era das revolucións proletarias. Hai que celebralo! Este é o noso calendario, o da nosa clase e non o dos explotadores e as súas falsas festas patrióticas.
As chamas da revolución, da guerra popular, prenden en países moi distintos, dende o Perú a Filipinas, de Turquía a Manipur, Afganistán, Buthán Etc...e todo iso grazas aos destacamentos comunistas que armados co marxismo-leninismo-maoísmo, principalmente maoísmo, enfrontan a tarefa de “asaltar os ceos” que é a liña revolucionaria trazada por Marx, Lenin y Mao.
No Perú, a vinte años da detención do Presidente Gonzalo, a guerra popular continua, avanza e se fortalece baixo a dirección do PCP.
No Nepal, a negra traizón da camarilla renegada e revisionista de Prachanda/Bhattarai golpeou duramente a revolución neste país, pero hoxe de novo, os maoístas traballan pola reconstrución do partido e pola prosecución da revolución de Nova Democracia baixo a dirección do camarada Kiran e os seus camaradas do PCN-maoista.
Na Europa imperialista, a clase obreira e o pobo traballador está sendo obxecto dun feroz ataque as súas condicións de vida e de traballo. Millóns de parados, familias obreiras desafiuzadas ou miles de estafados polos banco delincuentes. Esta situación creou por primeira vez en moitos anos de “paz social” nos países imperialistas, as condicións obxectivas dun gran movemento revolucionario, que teñen que ir acompañadas do factor subxectivo da toma de conciencia de clase polas amplas masas e a construción concéntrica dos tres instrumentos; o Partido, o Exercito Popular e o Fronte Único. Instrumentos que teñen que desenrolarse en torno a unha liña política revolucionaria, aplicación concreta e creativa, das condicións da revolución en Europa da gran bandeira vermella do marxismo-leninismo-maoísmo.
Compañeiros e compañeiras, camaradas; non teñan dubida que o mellor instrumento de apoio, de solidariedade, cos nosos irmáns e irmás da India é prender as chamas vermellas da Revolución na vella Europa capitalista e a construción dunha nova Europa Socialista e proletaria. Esta debe ser a nosa tarefa principal.
¡Adiante, a conseguir novas vitorias!
¡Viva a guerra popular na India!
¡Viva o Partido Comunista da India (maoísta)!
¡Viva o glorioso Exercito Guerrilleiro Popular de Liberación!
¡Vivan as masas populares, elas e só elas, fan a historia!
¡Viva a Conferencia Internacional de Apoio a Guerra Popular na India!
¡Proletarios e pobos oprimidos do mundo; Unídevos!

Galicia, Novembro do 2012


Comité Galego de Apoio a Guerra Popular na India.
Comité de Construcción do Partido Comunista maoísta da Galiza.

No hay comentarios: