jueves, 10 de septiembre de 2015

O xenocidio fascista que golpea Cizre/Cizîr, golpeanos a todos e a todas. Un artigo de M. Novo para Correo Vermello.

 


O xenocidio fascista que golpea Cizre/Cizîr, golpeanos a todos e a todas.
M. Novo.


As imaxes e as noticias do asedio, por forzas do exercito e a policia fascista, da cidade de Cizre/Cizîr, no Kurdistán norte, falan por si mesmas do terror desatado contra a poboación indefensa polo mando criminal do goberno do AKP e do Presidente islamista Erdogan.
Decenas de mortos, moitos deles nenos e nenas, feridos que morren sin ser atendidos por impedir os xenocidas a chegadas do persoal sanitario. Francotiradores, o mesmo que en Sarajevo, disparan impunemente contra a poboación. Unha cidade sitiada e que carece dos servizos basicos de luz, auga potabel telefonia ou internet.

Os mesmos fascistas, que días atras, teñen atacado en diversas cidades da Turquía, a persoas de orixe kurda, atacado a sedes dos seus partidos legais, incendiando comercios e vevendas, diante a mirada indiferente da policía. A dinamica destas bandas de matones, envoltos na bandeira turca, non é diferente a dos nazis, nas derradeiras eleccions libres na Republica de Weimar en 1933. Miles de persoas progresistas, militantes de formacions legais ou clandestinas e de toda edade e condicion, atopanse detidas e moitas delas torturadas polos corpos represivos ante o silencio complice da comunidade internacional.
Os asaltos policíais as sedes das organizacions de esquerda, coma o asalto, os pasados días, a sede en Istambul do Partido Socialista dos Oprimidos (ESP) é un claro exemplo desta política terrorista, e da deriva fascista do partido islamista que ve coma a sociedade turca e kurda rexeita súa politíca reaccionaria e seu fanatismo relixioso, na pasada derrota eleitoral e no auxe das movilizcions populares.
Un fascismo xenocida, que ten que ser denunciado enerxicamente, no noso país, polas forzas politicas e as persoas progresistas, anti-fascistas, amantes da xustiza e a igualdade dos pobos, dos defensores do interncionalismo revolucionario de clase.
Os golpes que esta a recibir, o exercito e a policía, a mans das diversas forzas guerrilleiras, principalmente as HPG, TIKKO eo HKO, amosan que moitas destas accions criminais, á frustración dos asasinos, pola vontade de loita do pobo, tanto turco coma kurdo, fronte a guerra xenocida e que tera que convertirse nunha poderosa guerra popular, capaz de barrer os demonios que oprimen aos pobos da Turquia eo Kurdistán norte.

No hay comentarios: